JUAN CARLOS I
REI DE ESPAÑA
Saiban todos os que a viren e a entenderen que as Cortes Xerais aprobaron e eu sanciono a seguinte lei.
Exposición de motivos
I
No ano 2003, as Cortes Xerais aprobaron unha nova normativa en materia de montes, a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, a través da cal se procedía a actualizar o réxime xurídico regulador dos espazos forestais de acordo coa nova concepción do ambiente consagrada pola Constitución española, e cos principios de xestión forestal sustentables que deben informar a ordenación e conservación dos montes españois.
O monte desempeña unha tripla funcionalidade: social, ambiental e económica. Os recursos que achega benefician a toda a sociedade, o que obriga ás administracións públicas a velaren pola súa conservación, protección, rexeneración e mellora dos seus aproveitamentos. O artigo 4 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, contempla a función social dos montes vinculada á produción de recursos naturais e servizos ambientais. Alén diso, en Galiza ten unha especial relevancia o aspecto económico dos montes, ao teren as actividades desenvoltas neles un carácter estratéxico para o desenvolvemento do medio rural, tendo en conta que aproximadamente o 50% da produción forestal do Estado se extrae dos montes galegos, e seren unha importante base territorial para o desenvolvemento da gandaría extensiva.
Malia o pouco tempo transcorrido desde a promulgación da Lei 43/2003, do 21 de novembro, puidéronse detectar nela certas deficiencias e insuficiencias concernentes tanto á correcta definición das atribucións que, de acordo con determinados preceptos da lei, corresponden ás diferentes administracións públicas, como na propia ordenación dos mecanismos de protección e conservación dos montes, sinaladamente, aqueles que teñen que ver coa loita contra os incendios forestais e coa protección que deparan os sistemas administrativos de rexistro e catálogo dos distintos tipos de montes. Estas circunstancias aconsellan acometer unha modificación parcial e moi definida da lei, nun momento aínda inicial do proceso social de adaptación dos sistemas de ordenación dos montes ás prescricións recollidas no novo modelo de xestión forestal sustentable.
II
Como novidade da lei cómpre salientar a regulación introducida en relación co Catálogo de montes de utilidade pública, o cal constituíu historicamente un instrumento útil para a defensa e protección xurídica dos montes públicos. Para estender esta protección a toda a masa forestal e aplicar a lóxica derivada do artigo 45 da Constitución española, segundo a cal a protección debe tomar como referencia as calidades obxectivas do recurso que deberá conservar e restaurar, engádese á lei un novo capítulo sobre as figuras dos montes protectores e con outras figuras de especial protección. A especial importancia destes montes, xa sexan públicos ou privados, derivada dos especiais valores que incorporan, fainos acredores dunha singularidade que xustifica a adopción dunha regulación e un rexistro propios, a través dos cales as administracións poidan velar pola especial protección e salvagarda.
A certificación forestal recoñécese como un instrumento voluntario, transparente e non discriminatorio para a xestión forestal sustentable que pretende, en último extremo, vincular o comercio dos produtos forestais coa xestión sustentable dos montes dos cales proceden e conseguir que o usuario final se decante por produtos procedentes de montes ordenados e xestionados con criterios sustentables. Na modificación introducida, establécese o compromiso das administracións públicas de promover o consumo responsable de produtos forestais nos procedementos de contratación pública, favorecendo a adquisición de madeira e produtos derivados procedentes de bosques certificados e evitando aqueles procedentes de cortas ilegais de países terceiros. Aténdense así as recomendacións de organismos internacionais nesta materia. Así mesmo, prevese que as administracións públicas fomenten o consumo responsable destes produtos por parte dos cidadáns.
III
Aspecto capital das modificacións que se introducen na Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, é o referido ao tratamento xurídico da loita contra os incendios desde o punto de vista da regulación do réxime substantivo da protección fronte a este tipo de sinistros.
Ben é sabido que o cambio de uso dos terreos forestais incendiados para transformalos noutros de carácter agrícola, piscícola, industrial ou urbanizable tratou de se xustificar na perda de valor dos devanditos terreos, ao carecer de vexetación arbórea como consecuencia do desastre ecolóxico ocasionado polo incendio. En moitas ocasións, o cambio de uso non se promovía de forma inmediata tras o sinistro, senón só tras repetidos incendios dese terreo forestal, que quedaba, desta maneira, nunha situación de case total degradación vexetal que dificultaba a posibilidade de rexeitar xustificada e motivadamente as peticións de cambio de uso forestal. E iso na medida en que estes terreos, nun curto prazo, xa non poderían alcanzar o potencial forestal arborizado que posuían antes do incendio.
Os incendios forestais teñen como causa, nunha pequena parte de casos, os fenómenos naturais e, desgraciadamente, nunha inmensa maioría de supostos, accións humanas, xa sexan neglixentes ou dolosas. Neste sentido, nun país avanzado coma España non se pode permitir unha actitude de tolerancia cara a ningún delito ecolóxico nin, en particular, cara aos incendios forestais, que comportan gravísimas consecuencias sociais e económicas, incluíndo a perda de vidas humanas.
Na área mediterránea, países como Italia e Portugal, que padecen de maneira similar a España as consecuencias nefastas derivadas dos incendios forestais, optaron por incorporar ao seu dereito, tanto a través do Código penal como por medio da lexislación sectorial, a imposibilidade de cambiar de uso os terreos forestais que sufriron incendios. Na mesma liña, varias comunidades autónomas implantaron medidas lexislativas de acordo coas cales en ningún caso se poderán tramitar expedientes de cambio de uso de montes ou terreos forestais incendiados. Neste contexto, resulta necesario e oportuno que o lexislador nacional dea pasos na mesma dirección e adopte medidas análogas de protección, e complemente así no ámbito administrativo as xa previstas pola nosa lexislación penal. A opción que incorpora esta lei é a de prohibir o cambio de uso forestal dos terreos forestais incendiados durante polo menos 30 anos, así como a realización de toda actividade incompatible coa rexeneración da cuberta vexetal. Óptase, pois, polo prazo de 30 anos, lapso de tempo mínimo que na maioría dos casos pode permitir a rexeneración da vexetación forestal e, por extensión, evitar expectativas de recualificación futura de solos non urbanizables, en particular a dos terreos forestais, contrarias aos propósitos de rexeneración do monte que demandan os principios da xestión forestal sustentable.
Non obstante, prevese con carácter singular que as comunidades autónomas poidan acordar excepcións ás citadas prohibicións cando existan circunstancias obxectivas que acrediten que o cambio de uso do terreo forestal afectado estaba previsto con anterioridade ao incendio.
IV
Así mesmo, recoñécese a condición de axente da autoridade dos funcionarios que desempeñen funcións de policía administrativa forestal (axentes forestais), calquera que sexa a súa denominación corporativa específica, como se indica no artigo 6,q) deste texto; e que estes funcionarios contitúen policía xudicial en sentido xenérico, de acordo co disposto polo punto 6.º do artigo 283 da Lei de axuizamento criminal, considerando que a referencia que fai este precepto a gardas de montes, campos e agros, debe entenderse feita actualmente aos citados funcionarios.
Outra innovación de grande importancia nesta lei é a creación do Fondo para o patrimonio natural, cuxa materialización garantirá a estabilidade e continuidade dos recursos económicos en apoio dos espazos forestais.
O Fondo para o patrimonio natural concíbese como un instrumento de cofinanciamento destinado a asegurar a cohesión territorial mediante o apoio á xestión forestal sustentable co obxectivo de valorizar as funcións ecolóxicas, sociais e culturais dos espazos forestais e facer viables os modelos sustentables de silvicultura.
V
Ademais, co propósito de garantir a correcta adecuación á orde constitucional de distribución de competencias, procédese a modificar diversos artigos. Neste sentido, modifícase o artigo 7, para mellorar a delimitación das funcións de competencia estatal.
Modifícase tamén o artigo 32, de modo que lle corresponderá ao Goberno a aprobación das directrices básicas comúns de ordenación e aproveitamento de montes, mentres que serán as comunidades autónomas as competentes para aprobar as instrucións de ordenación e aproveitamento dos montes. Así mesmo, a regulación de incentivos e subvencións circunscríbese aos supostos en que estean financiados polos orzamentos xerais do Estado.
VI
Por último, a necesidade de protección penal do ambiente contida no punto 3 do artigo 45 da Constitución española reforzouse desde a Unión Europea, cuxo Consello adoptou, o 27 de xaneiro de 2003, a decisión marco relativa á protección do ambiente a través do dereito penal. Neste sentido, España introduciu no Código penal, a través da reforma operada pola Lei orgánica 15/2003, do 25 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, as modificacións necesarias para cumprir coas obrigas comunitarias.
Poderíase augurar que a loita contra as infraccións ambientais desde o punto de vista penal experimentará un incremento que exixirá contar dentro da Administración de xustiza con profesionais especialmente preparados para facer fronte a este tipo de delincuencia.
A Constitución española, ao enumerar no artigo 124 as funcións que corresponden ao ministerio fiscal, sinala que este, sen prexuízo das funcións encomendadas a outros órganos, ten por misión, entre outras, promover a acción da xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público tutelado pola lei.
É ben sabido que o lexislador fixo, ata o presente momento, un esforzo importante para garantir o dereitodeber ao ambiente. Porén, o carácter de interese colectivo que se predica do ambiente e os seus limitados sistemas de protección, certamente lonxe dos sistemas de protección que posúen os intereses xurídicos individuais, implica unha especial dificultade á hora de defendelo ou ben de exixir o seu respecto. A isto obedece, en esencia, que se lle atribúa ao ministerio fiscal a defensa dese interese colectivo que é o ambiente e tamén que esta institución preste unha atención específica á defensa deste ben xurídico.
En lóxica coherencia co precepto constitucional e para facilitar o exercicio do dereito-deber ao ambiente e a calidade de vida que recoñece o artigo 45 da Constitución, faise necesario bosquexar unha serie de cambios no Estatuto orgánico do ministerio fiscal, coa creación dunha estrutura máis eficaz para a loita contra a delincuencia ambiental que permita contar con seccións de Medio Ambiente coordinadas desde a cúpula da institución por un fiscal da categoría primeira.
Convén destacar tamén que desde as distintas organizacións internacionais se vén reclamando a existencia de figuras especializadas en delincuencia ambiental. Abonda lembrar a Resolución (77) 28 do Consello de Europa, sobre a contribución do dereito penal na protección ambiente, na cal se pide a creación de seccións especiais nas audiencias e nas fiscalías para tratar as cuestións relacionadas co ambiente.
Para iso, a lei incorpora as modificacións no artigo 18.1 do Estatuto orgánico do ministerio fiscal coa creación de seccións de Medio Ambiente especificamente encargadas da investigación e persecución de delitos relativos á ordenación do territorio, a protección do patrimonio histórico, o ambiente e incendios forestais, e incorpora o artigo 18 quinquies, coa creación da figura do fiscal de sala de Medio Ambiente.
Artigo único. Modificación da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, queda modificada nos seguintes termos:
Un. O artigo 1 queda redactado da seguinte forma:«Artigo 1. Obxecto. Esta lei ten por obxecto garantir a conservación e protección dos montes españois, promovendo a súa restauración, mellora, sustentabilidade e aproveitamento racional, apoiándose na solidariedade colectiva e na cohesión territorial.»Dous. Engádense dúas novas letras j) e k) ao artigo 3, que quedan redactadas da seguinte forma:
«j) Principio ou enfoque de precaución, en virtude da cal cando exista unha ameaza de redución ou perda substancial da diversidade biolóxica non debe alegarse a falta de probas científicas inequívocas como razón para adiar as medidas encamiñadas a evitar ou reducir ao mínimo esa ameaza.Tres. Engádese unha nova alínea e) ao punto 1 do artigo 5, que queda redactada da seguinte forma:
k) Adaptación dos montes ao cambio climático, fomentando unha xestión encamiñada á resiliencia e resistencia dos montes a el.»
«e) Os enclaves forestais en terreos agrícolas coa superficie mínima determinada pola comunidade autónoma.»Catro. Modifícase a alínea q) do artigo 6 do seguinte modo:
«q) Axente forestal: funcionario que ten a condición de axente da autoridade pertencente ás administracións públicas que, de acordo coa súa propia normativa e con independencia da denominación corporativa específica, ten encomendadas, entre outras funcións, as de policía e custodia dos bens xurídicos de natureza forestal e a de policía xudicial en sentido xenérico tal como establece o punto 6.º do artigo 283 da Lei de axuizamento criminal.»Cinco. As alíneas c) e g) do punto 2 do artigo 7 quedan redactadas nos seguintes termos:
«O establecemento das directrices comúns para a normalización dos medios materiais e dos equipamentos de persoal de extinción de incendios forestais en todo o territorio español, así como o despregamento de medios estatais de apoio ás comunidades autónomas, para a cobertura dos montes contra incendios.»Seis. O punto 3 do artigo 7 queda redactado nos seguintes termos:
«g) A elaboración de directrices básicas comúns de ordenación e aproveitamento de montes.»
«3. Correspóndelle, así mesmo, á Administración xeral do Estado o exercicio daqueloutras competencias que lle confire a lexislación e, en particular:Sete. Engádese un punto 3 ao artigo 10, coa seguinte redacción:
a) A coordinación do mantemento do Catálogo de montes de utilidade pública, así como a do Rexistro de montes protectores e montes con outras figuras de especial protección.
b) A colaboración no deseño das redes, a recompilación e comunicación aos órganos comunitarios dos datos obtidos polas comunidades autónomas no seu ámbito territorial, procedentes das parcelas das redes europeas para o seguimento das interaccións do monte co ambiente.»
«3. Tanto o Comité Forestal como o Consello Nacional do Bosque deberán manter reunións con carácter semestral.»Oito. Engádese un artigo 12 bis, coa seguinte redacción:
«Artigo 12 bis. Montes protectores e montes con outras figuras de especial protección. Por razón das súas especiais características, os montes poderán clasificarse en protectores e montes con outras figuras de especial protección, de conformidade co establecido no capítulo IV bis desta lei.»Nove. O artigo 13 queda redactado nos seguintes termos:
«Artigo 13. Montes catalogados de utilidade pública.Dez. O punto 1 do artigo 18 queda redactado nos seguintes termos:
A partir da entrada en vigor desta lei, as comunidades autónomas poderán incluír no Catálogo de montes de utilidade pública os montes públicos comprendidos nalgún dos seguintes supostos:
a) Que cumpran algunha das características enumeradas nos artigos 24 e 24 bis.
b) Os que, sen reunir plenamente no seu estado actual as características dos montes protectores ou con outras figuras de especial protección, sexan destinados á restauración, repoboación ou mellora forestal cos fins de protección daqueles.
c) Aqueloutros que estableza a comunidade autónoma na súa lexislación.»
«1. A titularidade que no catálogo se lle asigne a un monte só se pode impugnar en xuízo declarativo ordinario de propiedade ante os tribunais civís, non permitíndose o exercicio das accións reais do artigo 250.1.7 da Lei de axuizamento civil.»Once. O punto 4 do artigo 18 queda redactado nos seguintes termos:
«4. Cando un monte catalogado estea afectado por un expediente do cal poida derivar outra declaración de demanialidade distinta da forestal, e sen prexuízo do que, se é o caso, dispoña a declaración de impacto ambiental, as administracións competentes buscarán canles de cooperación co obxecto de determinar cal de tales declaracións debe prevalecer.Doce. O punto 1 do artigo 20 queda modificado nos seguintes termos:
No suposto de discrepancia entre as administracións, resolverá, segundo a Administración que tramitase o expediente, o Consello de Ministros ou o órgano que a comunidade autónoma determine. No caso de que ambas fosen compatibles, a Administración que xestionase o expediente tramitará, en peza separada, un expediente de concorrencia, para harmonizar o dobre carácter demanial.
Cando se trate de montes afectados por obras ou actuacións de interese xeral do Estado, resolverá o Consello de Ministros, oída a comunidade autónoma afectada.»
«1. Os titulares dos montes demaniais, xunto coa Administración xestora nos montes catalogados, investigarán a situación de terreos que se presuman pertencentes ao dominio público forestal, para o cal poderán solicitar todos os datos e informes que se consideren necesarios.»Trece. O punto 7 do artigo 21 queda redactado como segue:
«7. A resolución será susceptible de recurso tanto polos interesados como polos estremeiros perante a xurisdición contencioso-administrativa, unha vez esgotada a vía administrativa, por razóns de competencia ou procedemento, e perante a xurisdición civil se o que se discute é o dominio, a posesión ou calquera outro dereito real.»Catorce. Engádese un capítulo IV bis ao título II, coa seguinte redacción:
«CAPÍTULO IV BIS
Réxime dos montes protectores e montes con outras figuras de especial protección
Artigo 24. Declaración de montes protectores.
1. Poderán ser declarados protectores aqueles montes ou terreos forestais de titularidade pública ou privada que se encontren comprendidos nalgún dos seguintes casos:
a) Os situados en cabeceiras de bacías hidrográficas e aqueloutros que contribúan decisivamente á regulación do réxime hidrolóxico, evitando ou reducindo aludes, riadas e asolagamentos e defendendo poboacións, cultivos ou infraestruturas.
b) Que se encontren nas áreas de actuación prioritaria para os traballos de conservación de solos fronte a procesos de erosión e de corrección hidrolóxico-forestal e, en especial, as dunas continentais.
c) Que eviten ou reduzan os desprendementos de terras ou rochas e a caída de terras a encoros e aqueles que protexan cultivos e infraestruturas contra o vento.
d) Que se encontren nos perímetros de protección das captacións superficiais e subterráneas de auga.
e) Que se encontren formando parte daqueles tramos fluviais de interese ambiental incluídos nos plans hidrolóxicos de bacías.
f) Aqueloutros que determine a lexislación autonómica.
g) Que estean situados en áreas forestais declaradas de protección dentro dun plan de ordenación de recursos naturais ou dun plan de ordenación de recursos forestais de conformidade co disposto no artigo 31 desta lei.
2. A declaración de monte protector será feita
pola Administración da comunidade autónoma
correspondente, logo de expediente en que, en todo
caso, deberán ser oídos os propietarios e a entidade
local onde radiquen. Igual procedemento se seguirá
para a desclasificación unha vez que as circunstancias
que determinaron a súa inclusión desaparecese.
Artigo 24 bis. Declaración doutras figuras de especial protección de montes.
1. As comunidades autónomas poderán establecer outras figuras de especial protección dos montes de titularidade pública ou privada que presenten, entre outras, algunhas das seguintes características:
a) Que contribúan á conservación da diversidade biolóxica, a través do mantemento dos sistemas ecolóxicos, a protección da flora e a fauna ou a preservación da diversidade xenética.
b) Que constitúan ou formen parte de espazos naturais protexidos, áreas da Rede Natura 2000, reservas da biosfera ou outras figuras legais de protección, ou que se encontren nas súas zonas de influencia, así como os que constitúan elementos relevantes da paisaxe.
c) Que estean incluídos dentro das zonas de alto risco de incendio consonte o establecido no artigo 48.
d) Pola especial significación dos seus valores forestais.
e) Aqueloutros que sexan determinados pola lexislación autonómica.
2. A declaración doutras figuras de especial protección de montes será feita pola Administración forestal da comunidade autónoma correspondente, logo de expediente en que, en todo caso, deberán ser oídos os propietarios e a entidade local onde radiquen. Igual procedemento se seguirá para a desclasificación unha vez que as circunstancias que determinaron a súa inclusión desaparecesen.
Artigo 24 ter. Rexistros de montes protectores e de montes con outras figuras de especial protección.
1. Cando as comunidades autónomas declarasen montes protectores e montes con outras figuras de especial protección deberán crear os rexistros públicos de carácter administrativo correspondentes.
2. Nos rexistros de montes protectores e de montes con outras figuras de especial protección constarán as cargas, gravames e demais dereitos reais que soporten os montes incluídos neles.
3. As comunidades autónomas daranlle traslado ao Ministerio de Medio Ambiente, polo menos unha vez ao ano, das inscricións ou desclasificacións que practiquen nos rexistros.
Artigo 24 quáter. Montes protectores e con outras figuras de espe
1. A xestión dos montes protectores e con outras figuras de especial protección de titularidade privada correspóndelles aos seus propietarios, que lle deberán presentar á Administración forestal da comunidade autónoma o correspondente proxecto de ordenación de montes ou plan dasocrático, en caso de non dispoñer de instrumento de planificación de ordenación de recursos naturais ou forestal vixente na zona.
2. As limitacións que se establezan na xestión dos montes protectores e con outras figuras de especial protección por razón das funcións ecolóxicas, de protección ou sociais que cumpren poderán ser compensadas economicamente nos termos previstos no capítulo III do título VI.
3. A través do Fondo para o patrimonio natural fomentarase a elaboración de proxectos de ordenación ou plans dasocráticos.»
Quince. A letra b) do punto 1 do artigo 25 queda redactada nos seguintes termos:
«b) De montes declarados protectores e con outras figuras de especial protección conforme os artigos 24 e 24 bis.»Dezaseis. 1. Engádense tres letras novas i), j) e k) ao punto 1 do artigo 28, que quedan redactadas da seguinte forma:
«i) A diversidade biolóxica dos montes de España.2. Engádese un novo parágrafo ao final do punto 1 do artigo 28 coa seguinte redacción:
j) Estado de protección e conservación dos principais ecosistemas forestais españois e efectos do cambio climático neles.
k) A percepción social dos montes.»
«Toda a información recollida nos inventarios, así como o contido que integra a Estatística forestal española terá carácter público, sendo aplicable a normativa de acceso á información ambiental.»Dezasete. 1. O punto 2 do artigo 29 queda redactado como segue:
«2. O Ministerio de Medio Ambiente, oídos os ministerios afectados, elaborará a Estratexia forestal española, coa participación das comunidades autónomas e co informe da Comisión Nacional de Protección da Natureza e do Consello Nacional de Bosques e logo de informe favorable da conferencia sectorial.2. O punto 3 do artigo 29 queda modificado nos seguintes termos:
O Consello de Ministros aprobará a Estratexia forestal española, mediante acordo.»
«3. Cando as circunstancias o aconsellen, e en calquera caso antes de cada revisión do Plan forestal español, a Estratexia forestal española será revisada por proposta da Comisión Nacional de Protección da Natureza ou do Consello Nacional de Bosques. A revisión tramitarase e aprobarase consonte o disposto no punto 2.»Dezaoito. O punto 2 do artigo 30 queda redactado do seguinte modo:
«2. O Ministerio de Medio Ambiente elaborará o Plan forestal español coa participación das comunidades autónomas, tendo en conta os plans forestais daquelas e cos informes da Comisión Nacional de Protección da Natureza e do Consello Nacional de Bosques e logo de informe favorable da Conferencia Sectorial. O Consello de Ministros elaborará o Plan forestal español mediante acordo.»Dezanove. O artigo 32 queda redactado nos seguintes termos:
«Artigo 32. A xestión forestal sustentable. Directrices básicas comúns para a ordenación e o aproveitamento de montes.Vinte. 1. Os puntos 2 e 4 do artigo 33 quedan redactados do seguinte modo:
1. Os montes deben ser xestionados de forma sustentable, integrando os aspectos ambientais coas actividades económicas, sociais e culturais, coa finalidade de conservar o medio natural ao tempo que xerar emprego e colaborar ao aumento da calidade de vida e expectativas de desenvolvemento da poboación rural.
2. O Goberno, logo de consulta ao Consello Nacional de Bosques, á Comisión Nacional de Protección da Natureza e ás comunidades autónomas, a través da Conferencia Sectorial, aprobará as directrices básicas comúns de ordenación e aproveitamento de montes, en relación cos seguintes aspectos:a) A adaptación aos montes españois dos criterios e indicadores de sustentabilidade, a súa avaliación e seguimento, de conformidade cos criterios establecidos en resolucións internacionais e convenios en que España sexa parte e, en particular, os requiridos para os montes incluídos na Rede Natura 2000.3. Correspóndelles ás comunidades autónomas a aprobación das instrucións de ordenación e aproveitamento de montes.»
b) O contido mínimo das instrucións de ordenación e aproveitamento de montes, para garantir a súa xestión sustentable.
«2. Os montes públicos e privados deberán contar cun proxecto de ordenación de montes, plan dasocrático ou outro instrumento de xestión equivalente.2. Suprímese o punto 5 do artigo 33.
Estarán exentos da obriga establecida no parágrafo anterior os montes de superficie inferior ao mínimo que determinarán as comunidades autónomas de acordo coas características do seu territorio forestal.
4. O contido mínimo dos proxectos de ordenación de montes e plans dasocráticos determinarase nas directrices básicas comúns para a ordenación e o aproveitamento de montes establecidas no artigo 32 desta lei. A elaboración destes instrumentos deberá ser dirixida e supervisada por profesionais con titulación forestal universitaria e deberá ter como referencia, se é o caso, o PORF en cuxo ámbito se encontre o monte.»
«Artigo 34. Xestión de montes catalogados, montes protectores e montes con outras figuras de especial protección.Vinte e dous. O artigo 35 queda redactado nos seguintes termos:
1. Os montes protectores, así como os montes catalogados que reúnan as características enumeradas nos artigos 13.b) e 24.1, xestionaranse co fin de lograr a máxima estabilidade da masa forestal; evitarase, se é o caso, a fragmentación ecolóxica dos montes e aplicaranse métodos silvícolas que persigan prioritariamente o control da erosión, do perigo de incendio, dos danos por neve, vendavais, asolagamentos e riadas ou doutros riscos para as características protectoras do monte.
2. Os montes con outras figuras de especial protección, así como os montes catalogados que reúnan as características enumeradas no artigo 24 bis.1, xestionaranse para garantir o seu mantemento nun estado de conservación favorable ou, se é o caso, para a restauración dos valores que motivaron a dita declaración.
3. A xestión dos montes protectores ou con outras figuras de especial protección que non dispoñan de proxecto de ordenación de montes ou plan dasocrático axustarase ao instrumento de planificación vixente na zona. Se tampouco existise este instrumento, os aproveitamentos que se quixesen realizar nestes montes deberán aterse ao establecido no artigo 37 e, en todo caso, sempre asegurando a conservación dos valores que determinaron a súa declaración.
4. A xestión dos montes con outras figuras de especial protección incluídos en zonas de alto risco de incendio forestal axustarase ao establecido no artigo 48.
5. Nos instrumentos de xestión destes montes incluiranse, se é o caso, medidas concretas co fin de establecer corredores biolóxicos entre estes montes e outros de similar catalogación, ou entre estes montes e outros espazos naturais protexidos ou de interese, a través de ríos, canellas e outras vías de comunicación natural, co fin de evitar o illamento das súas poboacións, e de fomentar a trasfega de especies e a diversidade xenética.»
«Artigo 35. Certificación forestal.Vinte e tres. Engádese un artigo 35 bis coa seguinte redacción:
As administracións públicas promoverán o desenvolvemento dos sistemas de certificación, garantindo que o proceso de certificación forestal sexa voluntario, transparente e non discriminatorio, e velarán por que os sistemas de certificación forestal establezan requisitos en relación cos criterios ambientais, económicos e sociais que permitan a súa homologación internacional.»
«Artigo 35.bis Compra responsable de produtos forestais.Vinte e catro. A alínea b) do artigo 37 queda redactado nos seguintes termos:
Nos procedementos de contratación pública, as administracións públicas adoptarán as medidas oportunas para evitar a adquisición de madeira e produtos derivados procedentes de cortas ilegais de países terceiros e para favorecer a adquisición daqueles procedentes de bosques certificados. As administracións públicas fomentarán o consumo responsable destes produtos por parte dos cidadáns, mediante campañas de divulgación.»
«b) En caso de non existiren os devanditos instrumentos, estes aproveitamentos requirirán autorización administrativa previa.»Vinte e cinco. O punto 1 do artigo 41 queda redactado nos seguintes termos:
«1. Correspóndelle ao Ministerio de Medio Ambiente, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e coas comunidades autónomas, a elaboración e aprobación do Programa de Acción Nacional contra a Desertización. A aplicación e seguimento do programa correspóndelles ao Ministerio de Medio Ambiente, ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ás comunidades autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, de acordo co principio de coordinación.»Vinte e seis. O punto 3 do artigo 41 queda redactado nos seguintes termos:
«3. Así mesmo, correspóndelle ao Ministerio de Medio Ambiente, en colaboración coas comunidades autónomas, a elaboración e aprobación do Plan nacional de actuacións prioritarias de restauración hidrolóxico-forestal. A aplicación e seguimento do plan correspóndelles ao Ministerio de Medio Ambiente e ás comunidades autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, de acordo co principio de coordinación.»Vinte e sete. O punto 1 do artigo 46 queda redactado nos seguintes termos:
«1. Para facilitar a colaboración entre os dispositivos de extinción de incendios forestais, de forma que sexa posible a asistencia recíproca das administracións competentes e a utilización conxunta dos medios persoais e materiais, a Administración xeral do Estado, en colaboración coas comunidades autónomas, por proposta da Comisión Nacional de Protección da Natureza, asistida polo Comité de Loita contra Incendios Forestais, establecerá as directrices comúns para a formación, preparación e equipamento do persoal e para a normalización dos medios materiais.»Vinte e oito. Os puntos 1 e 3 do artigo 47 quedan redactados nos seguintes termos:
«1. O director ou responsable técnico das tarefas de extinción ten a condición de axente da autoridade e poderá mobilizar medios públicos e privados para actuar na extinción de acordo cun plan de operacións. Así mesmo, poderá dispoñer, cando sexa necesario e aínda que non se poida contar coa autorización dos propietarios respectivos, a entrada de equipos e medios en predios forestais ou agrícolas, a circulación por camiños privados, a apertura de brechas en muros ou cercas, a utilización de augas, a apertura de devasas de urxencia e a queima anticipada mediante a aplicación de contralumes, en zonas susceptibles, dentro dunha normal previsión, de poder ser consumidas polo incendio. A autoridade local poderá mobilizar medios públicos ou privados adicionais para actuar na extinción, segundo o plan de operación do director técnico.Vinte e nove. O primeiro parágrafo do punto 3 do artigo 48 queda modificado nos seguintes termos:
3. A Administración responsable da extinción adoptará as medidas oportunas para garantir a defensa xurídica do director técnico e do persoal baixo o seu mando nos procedementos seguidos ante as ordes xurisdicionais civil e penal por posibles responsabilidades derivadas das ordes impartidas e as accións executadas en relación coa extinción do incendio.»
«3. Para cada unha destas zonas formularase un plan de defensa que, ademais de todo aquilo que estableza o correspondente Plan autonómico de emerxencias, deberá considerar, como mínimo.»Trinta. O punto 2 do artigo 49 queda redactado nos seguintes termos:
«2. Promoverase o desenvolvemento e posta en marcha do seguro de incendios forestais no marco do previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados. Os propietarios que subscriban o seguro terán prioridade para acollerse ás subvencións previstas no artigo 64 desta lei, cando estas se financien con cargo aos orzamentos xerais do Estado.»Trinta e un. O título do artigo 50 queda redactado nos seguintes termos:
«Artigo 50. Mantemento e restauración do carácter forestal dos terreos incendiados.».Trinta e dous. O punto 1 do artigo 50 queda redactado nos seguintes termos:
«1. As comunidades autónomas deberán garantir as condicións para a restauración dos terreos forestais incendiados, e queda prohibido:Trinta e tres. Engádese un novo capítulo V ao título IV coa seguinte redacción:
a) O cambio de uso forestal polo menos durante 30 anos.
b) Toda actividade incompatible coa rexeneración da cuberta vexetal, durante o período que determine a lexislación autonómica.
Con carácter singular, as comunidades autónomas poderán acordar excepcións a estas prohibicións sempre que, con anterioridade ao incendio forestal, o cambio de uso estivese previsto:
1.º Nun instrumento de planeamento previamente aprobado.
2.º Nun instrumento de planeamento pendente de aprobación, se xa fose obxecto de avaliación ambiental favorable ou, de non ser esta exixible, se xa fose sometido ao trámite de información pública.
3.º Nunha directriz de política agroforestal que considere o uso agrario ou gandeiro extensivo de montes non arborizados con especies autóctonas incultos ou en estado de abandono.»
Trinta e catro. O artigo 58 queda redactado nos seguintes termos:«CAPITULO V
Uso social do monte
Artigo 54 bis. Acceso público.
1. O acceso público aos montes poderá ser obxecto de regulación polas administracións públicas competentes.
2. A circulación con vehículos de motor por pistas forestais situadas fóra da rede de estradas quedará limitada ás servidumes de paso a que houber lugar, á xestión agroforestal e aos labores de vixilancia e extinción das administracións públicas competentes.
Excepcionalmente, poderá ser autorizado pola Administración forestal o tránsito aberto motorizado cando se comprobe a adecuación da vía, a correcta sinalización do acceso, a aceptación polos titulares, a asunción do mantemento e da responsabilidade civil.
3. O acceso de persoas alleas á vixilancia, extinción e xestión poderá limitarse nas zonas de alto risco previstas no artigo cando o risco de incendio así o aconselle, facéndose público este extremo de forma que faga fe.»
«Artigo 58. Extensión, policía e gardaría forestal. 1. As administracións públicas, no ámbito das súas competencias, deberán desempeñar, entre outras, as seguintes funcións de extensión, policía e gardaría forestal:Trinta e cinco. Os puntos 1 e 3 do artigo 63 quedan redactados nos seguintes termos:a) De policía, custodia e vixilancia para o cumprimento da normativa aplicable en materia forestal, especialmente as de prevención, detección e investigación da causalidade de incendios forestais.2. Para fomentar os labores citados na alínea b) do punto 1, a Administración forestal poderá establecer acordos cos axentes sociais representativos.
b) De asesoramento facultativo en tarefas de extensión e xestión forestal e de conservación da natureza. Os profesionais que realicen estas funcións contarán coa formación específica que os capacite para o seu correcto desenvolvemento.
3. Os funcionarios que desempeñen funcións de policía administrativa forestal, por atribución legal ou por delegación, teñen a condición de axentes da autoridade e os feitos constatados e formalizados por eles nas correspondentes actas de inspección e denuncia terán presunción de certeza, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos e intereses poidan achegar os interesados.
Así mesmo, están facultados para:a) Entrar libremente en calquera momento e sen previo aviso nos lugares suxeitos a inspección e a permanecer neles, con respecto, en todo caso, á inviolabilidade do domicilio. Ao efectuar unha visita de inspección, deberanlle comunicar a súa presenza á persoa inspeccionada ou ao seu representante, a non ser que consideren que a dita comunicación poida prexudicar o éxito das súas funcións.4. Os axentes forestais e ambientais, no exercicio das súas competencias, actuarán de forma coordinada, e con respecto ás facultades que lles atribúe a súa lexislación orgánica reguladora, coas forzas e corpos de seguridade.»
b) Proceder a practicar calquera dilixencia de investigación, exame ou proba que consideren necesaria para comprobar que as disposicións legais se observan correctamente.
c) Tomar ou sacar mostras de substancias e materiais, realizar medicións, obter fotografías, vídeos, gravación de imaxes, e levantar esbozo e planos, sempre que se lle notifique ao titular ou ao seu representante, salvo casos de urxencia, en que a notificación se poderá efectuar con posterioridade.
«1. Os incentivos recollidos nos artigos 64 a 66, cando se financien con cargo aos orzamentos xeraisdo Estado, aplicaranse a montes ordenados tanto de titularidade privada como de entidades locais. Os montes protectores, os montes con outras figuras de especial protección e os catalogados e, en particular, aqueles en espazos naturais protexidos ou na Rede Natura 2000 terán preferencia no outorgamento destes incentivos.»Trinta e seis. O punto 2 do artigo 77 queda redactado nos seguintes termos:
«3. No acceso ás subvencións para a prevención contra incendios forestais, cando se financien con cargo aos orzamentos xerais do Estado, terán prioridade os montes que se encontren situados nunha zona de alto risco de incendio cun plan de defensa contra incendios vixente, de acordo co artigo 48.»
«2. A reparación terá como obxectivo a restauración do monte ou ecosistema forestal á situación previa aos feitos constitutivos da infracción sancionada. Para os efectos desta lei enténdese por restauración a volta do monte ao seu estado anterior ao dano, e por reparación as medidas que se adoptan para lograr a súa restauración. O causante do dano estará obrigado a indemnizar a parte dos danos que non poidan ser reparados, así como os prexuízos causados.»Trinta e sete. 1. Engádese un novo parágrafo ao punto 2 da disposición adicional segunda do seguinte teor:
«O disposto no artigo 58.3 non será de aplicación nestes territorios.»2. O punto 3 da disposición adicional segunda queda redactado nos seguintes termos:
«3. O disposto nesta lei enténdese sen prexuízo das normas específicas aplicables aos montes afectados ao exercicio de competencias estatais ou adscritos a servizos públicos xestionados pola Administración do Estado.»Trinta e oito. Engádese unha disposición adicional nova coa seguinte redacción:
«O Goberno remitirá no prazo de dous anos desde a entrada en vigor desta lei unha proposta de Lei reguladora do Estatuto da propiedade forestal, en que se establecerán as bases, respectando as competencias que teñan as comunidades autónomas, segundo os seus respectivos estatutos, nesta materia.»Trinta e nove. A disposición derradeira terceira queda redactada nos seguintes termos:
«Disposición derradeira terceira. Habilitación normativa. O Goberno e as comunidades autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, ditarán as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta lei.»
Disposición adicional primeira. Fondo para o patrimonio natural.
1. Créase o Fondo para o patrimonio natural, con obxecto de poñer en práctica aquelas medidas destinadas a apoiar a xestión forestal sustentable, a prevención estratéxica de incendios forestais e a protección de espazos forestais e naturais en cuxo financiamento participe a Administración xeral do Estado. Este fondo poderá financiar accións de natureza plurianual e actuará como instrumento de cofinanciamento destinado a asegurar a cohesión territorial. O fondo dotarase coas partidas asignadas nos orzamentos xerais do Estado, incluídas as dotacións que sexan obxecto de cofinanciamento por aqueles instrumentos financeiros comunitarios destinados aos mesmos fins e con outras fontes de financiamento que se poidan establecer no futuro.a) Promover, a través dos incentivos adecuados, o investimento, xestión e ordenación forestal, en particular, a elaboración de proxectos de ordenación de montes ou de plans dasocráticos.3. A xestión das subvencións que se outorguen con cargo ao fondo corresponde ás comunidades autónomas.
b) Apoiar as accións de prevención de incendios forestais.
c) Instituír mecanismos financeiros destinados a facer viables os modelos de xestión para unha silvicultura sustentable.
d) Financiar accións específicas de investigación aplicada, demostración e experimentación.
e) Valorizar e promover as funcións ecolóxicas, sociais e culturais dos espazos forestais e apoiar os servizos ambientais e de conservación de recursos naturais.
f) O incentivo á agrupación da propiedade forestal para o desenvolvemento de explotacións forestais conxuntas, que favorezan a xestión forestal sustentable.
g) A promoción do uso e o apoio á produción e comercialización de produtos forestais procedentes de bosques certificados.
h) Desenvolver outras accións e crear outros instrumentos adicionais que contribúan á defensa e sustentabilidade dos espazos forestais.
i) Outros obxectivos complementarios dos anteriores, vinculados á xestión forestal sustentable, que se determinen regulamentariamente.
Disposición adicional segunda.
O Goberno, no marco do Plan de Fomento de Enerxías Renovables, actualizará as primas e incentivos das centrais de produción de enerxía eléctrica en réxime especial que utilicen como combustible biomasa forestal procedente de operacións de prevención de incendios e plans de xestión forestal sustentable.Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
Quedan derrogados os puntos 1.a) e 2.h) do artigo 7 e o punto 2 do artigo 21 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.Disposición derradeira primeira. Modificación da Lei 50/ 1981, do 30 de decembro, reguladora do Estatuto orgánico do ministerio fiscal.
A Lei 50/1981, do 30 de decembro, reguladora do Estatuto orgánico do ministerio fiscal, modifícase nos seguintes termos:«Na Fiscalía da Audiencia Nacional e en cada fiscalía dos tribunais superiores de xustiza e das audiencias provinciais existirá unha sección de menores á cal se lle encomendarán as funcións e facultades que ao ministerio fiscal lle atribúe a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, regula dora da responsabilidade penal dos menores. Nas fiscalías dos tribunais superiores de xustiza e das audiencias provinciais existirán seccións contra a violencia sobre a muller e seccións de medio ambiente especializadas en delitos relativos á ordenación do territorio, á protección do patrimonio histórico, aos recursos naturais e ao ambiente, á protección da flora, fauna e animais domésticos, e aos incendios forestais. A estas seccións serán adscritos fiscais que pertenzan aos seus respectivos cadros de persoal, e terán preferencia aqueles que por razón das anteriores funcións desempeñadas, cursos impartidos ou superados ou por calquera outra circunstancia análoga se especializasen na materia. Non obstante, cando as necesidades do servizo así o aconsellen poderán actuar tamén noutros ámbitos ou materias.»Dous. Engádese un artigo 18 quinquies, coa seguinte redacción:
«Artigo 18. quinquies.
1. O fiscal xeral do Estado, oído o Consello Fiscal, nomeará, como delegado, un fiscal contra os delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico, do ambiente e incendios forestais, con categoría de fiscal de sala, que exercerá as seguintes funcións:a) Practicar as dilixencias a que se refire o artigo 5 e intervir, directamente ou a través de instrucións impartidas aos delegados, naqueles procesos penais de especial transcendencia apreciada polo fiscal xeral do Estado, referentes a delitos relativos á ordenación do territorio, á protección do patrimonio histórico, aos recursos naturais e ao ambiente, á protección da flora, fauna e animais domésticos, e aos incendios forestais.2. Para a súa adecuada actuación, adscribiráselle unha unidade do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, así como, se é o caso, os efectivos necesarios do resto das forzas e corpos de seguridade que teñan competencias ambientais, de conformidade coa Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. Igualmente, poderanse adscribir os profesionais e expertos técnicos que sexan necesarios para auxilialo de maneira permanente ou ocasional. A fiscalía poderá solicitar o auxilio dos axentes forestais ou ambientais das administracións públicas correspondentes, dentro das funcións que estes colectivos teñen legalmente encomendadas. »
b) Exercer a acción pública en calquera tipo de procedementos, directamente ou a través de instrucións impartidas aos delegados, cando aquela veña prevista nas diferentes leis e normas de carácter ambiental, exixindo as responsabilidades que procedan.
c) Supervisar e coordinar a actuación das seccións especializadas de medio ambiente e solicitar os informes oportunos, dirixindo por delegación do fiscal xeral do Estado a rede de fiscais de medio ambiente.
d) Coordinar as fiscalías en materia de ambiente unificando os criterios de actuación, para o cal lle poderá propoñer ao fiscal xeral a emisión das correspondentes instrucións e reunir, cando proceda, os fiscais integrantes das seccións especializadas.
e) Elaborar anualmente e presentar ao fiscal xeral do Estado un informe sobre os procedementos seguidos e as actuacións practicadas polo ministerio fiscal en materia de ambiente, que será incorporado á memoria anual presentada polo fiscal xeral do Estado.
Disposición derradeira segunda. Habilitación competencial.
1. Esta lei dítase ao abeiro do disposto no artigo 149.1.23.ª da Constitución e ten, por tanto, carácter básico, sen prexuízo do disposto nos puntos seguintes.Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor.
A presente lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».JUAN CARLOS R.
O presidente do Goberno,
JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO