PREGUNTAS DE INTERESE SOBRE AS UNIDADES DE XESTIÓN FORESTAL (UXFOR)
1. Para que? Subir

Con este sistema trátase de acadar unha mellor defensa contra os incendios forestais facilitando a ordenación dos montes e do seu planeamento preventivo e a posta en valor do monte galego, tanto no seu aspecto económico como dende as perspectivas social e ambiental, dándolle cumprimento e desenvolvendo a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

Preténdese obter un aproveitamento integral do monte que redunde no beneficio para os propietarios, pero tamén para a sociedade en xeral, evitando o grave risco que supón o abandono. Ao concentrar a xestión de parcelas, acádase un mellor rendemento da explotación e evítase o risco de incendios que se produce pola proliferación incontrolada de especies de alta combustibilidade.

2. Para quen? Subir

Para todos os propietarios de terreos forestais.

Para propietarios interesados en pór en valor o monte.

Para propietarios que queiran recuperar terreos forestais abandonados.

Para comunidades preocupadas pola seguridade dos seus montes e dos núcleos rurais fronte os incendios forestais.

Recuperación da actividade forestal en zonas afectadas polo avellentamento da poboación ou polo abandono das terras.

3. De que xeito? Subir

Facendo unha xestión común dos terreos forestais, onde todos os propietarios deciden o futuro común da Uxfor.

Cunha xestión ordenada e planificada con criterios técnicos e procurando a viabilidade económica, ambiental e social.

Cunha xestión marcada polos intereses dos propietarios e polo cumprimento da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

Cunha xestión democrática e solidaria, participada por todos os propietarios, onde se respecten as súas necesidades e desexos, adaptada ás necesidades e potencialidades de cada Uxfor.

Mantendo cada un as súas propiedades, sen modificación algunha da superficie ou situación.

4. Con que seguridade e apoioSubir

A dun trato equitativo para todos os membros da Uxfor.

A de participar en todas as decisión que lle afectan á Uxfor.

A de manter a propiedade en todo momento.

A través da administración que apoiará o desenvolvemento dos obxectivos e compromisos fixados e velará o respecto e os intereses de todos os implicados na Uxfor.

Co apoio da Consellaría do Medio Rural con axudas para incentivar a constitución, o investimento de capital e o funcionamento corrente das Uxfor.