Os aproveitamentos forestais realizados polas persoas propietarias dos predios situados no perímetro da Uxfor en constitución estarán sometidas ao réxime de autorización previsto na Orde de 6 de outubro de 2004, pola que se regula nos aproveitamentos madeirables e leñosos, en aplicación da Lei 43/2003, de 21 de novembro, de montes, coas seguintes particularidades

Coa creación das Uxfor darase un forte impulso á recuperación e profesionalización do monte galego, o que dentro do libre mercado suporá un aumento da demanda de diferentes servizos.
3. Poden sancionarme se teño as parcelas sen coidar e supoñen un perigo para os incendios forestais?
Segundo o establecido na Lei 3/2007 d0 9 de abril existe unha obriga de manter coidados todos aqueles terreos que supoñan un grave perigo de propagación de incendios forestais. Polo tanto, existen procedementos sancionadores no caso grave de incumprimento da responsabilidade na defensa e prevención de incendios