PREGUNTAS DE INTERESE SOBRE AS UNIDADES DE XESTIÓN FORESTAL (UXFOR)
1. Que gaño eu coa pertenza a unha Uxfor? Subir

Coa pertenza a unha Uxfor mantén a súa propiedade e á vez benefíciase das vantaxes de xestionar unha superficie grande en común:

Tan importantes como estes beneficios individuais son os beneficios para a sociedade que as Uxfor achegarán, como a seguridade das poboacións fronte o lume, a conservación da paisaxe, os beneficios socioeconómicos...

2. Porque son as Uxfor unha medida para a prevención dos incendios? Subir

Porque contemplan os criterios de prevención de incendios, establecendo as accións silvícolas, infraestruturas de defensa contra os incendios e as oportunas medidas de prevención que se reflectirán no Instrumento de Xestión Forestal Específico, de obrigatorio cumprimento.

Co cumprimento do IXFE, instrumento aprobado pola administración, os propietarios asegúranse o cumprimento de todas as obrigas, que en materia de prevención de incendios, teñen as súas propiedades incluídas na Uxfor.

3. A Uxfor é un sistema de concentración forestal privada? Subir

O modelo de Uxfor non ten que ver cunha concentración parcelaria. Cada propietario mantén as súas parcelas tal e como están, sen modificar os seus límites.

O que se une é a xestión técnica, preventiva, económica e ambiental de todo o conxunto da Uxfor, rexéndose polos aproveitamentos acordados por todos os propietarios, e recollidos nun único instrumento de xestión. Esta unión ten carácter temporal, a duración fíxana os propietarios de acordo a criterios técnicos.

Con esta unión poderán adaptarse os camiños, puntos de auga, cargadoiros para a madeira, cortalumes (devasas) ou os lugares socio-recreativos. En definitiva, coas Uxfor valorízanse todos os produtos e servizos que o monte pode ofrecer.