Cando reúnen os requisitos para a creación (sumar o quórum necesario do 50% da propiedade e reunir o mínimo de 15 ha), constitúen unha comisión promotora que se encargará de presentar a solicitude de creación da Uxfor ante a consellería, xunto con toda a documentación requirida.
2. Que documentación precisamos presentar coa solicitude?
É preciso presentar a seguinte documentación:

Naqueles casos nos que os propietarios reunidos cumpren as condicións para a creación dunha Uxfor, pero aínda non teñen suficientemente avanzado o proceso de creación, como para poder definir plenamente todos os documentos precisos, o proceso pódese iniciar, dunha forma preliminar, sen ter todos os documentos requiridos, presentando unha presolicitude.
A presolicitude pódena presentar aqueles propietarios que reúnan máis do 50% dunha superficie mínima de 15 ha.
Precisan presentar a relación de parcelas que forman a Uxfor proposta (incluíndo referencia SIXPAC), e unha pequena memoria do Instrumento de Xestión Forestal Específico (describindo obxectivos xerais e de prevención de incendios).
A partires desta presolicitude a administración avaliará a viabilidade en materia de prevención de incendios forestais e porase en contacto cos promotores para proporlle as modificacións oportunas e guialos no proceso de creación da Uxfor.
4. Que podo facer se estou interesado en pertencer a unha Uxfor, pero non coñezo ningunha na miña zona?
Pode facer unha declaración de interese, na que a título
individual, manifesto o meu interese en incorporar as miñas parcelas
forestais a unha posible Uxfor que se cree.
No momento que se cree unha Uxfor ou amosen interese propietarios suficientes
como para chegar a creala, a administración porase en contacto con
eles e guiaraos no proceso de creación.

As solicitudes pódense presentar directamente na Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ou nas súas delegacións provinciais e nas oficinas dos distritos forestais ou nas oficinas agrarias comarcais.
Tamén se prevé que as declaracións de interese e as presolicitudes se poidan presentar mediante a páxina web, aínda que de momento non é posible.
6. Como podemos establecer os límites dunha Uxfor?
Recoméndanse os perímetros definidos no art. 4 da lei 3/2007, isto é, as redes de faixas de xestión, os ríos e lagoas, os cumios ou vales, a organización administrativa territorial ou parroquial, outras Uxfor e os terreos con usos distintos ao forestal.
Os límites serán a proposta dos propietarios e responderán a criterios de plena funcionalidade, tanto de xestión como de prevención dos incendios forestais.
7. Queremos constituír unha Uxfor na que posiblemente haxa propiedades de descoñecidos, como nos afecta isto no momento da creación?
As Uxfor non poderán excluír dos seus límites parcelas
de titulares descoñecidos non incluídas noutra Uxfor.
Unha vez presentada a solicitude de creación da Uxfor, procederase
á notificación individualmente ás persoas titulares
ou propietarias de dereitos de contido patrimonial na zona de actuación,
co fin de que formulen alegacións por un prazo de vinte días
hábiles sobre os proxectos de ordenación forestal e de estatutos.
No caso de persoas propietarias ou titulares de dereitos patrimoniais na zona obxecto de ordenación forestal que resulten descoñecidas, procederase á súa notificación por medio de edictos conforme ao previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado todo o proceso de alegacións, cando xa se faga aprobación definitiva da Uxfor, estas parcelas quedarán incorporadas á mesma, se ben isto non implica unha atribución do dereito de propiedade. De aparecer o seu lexítimo propietario, poderá exercer os dereitos de propiedade que lle correspondan de acordo coa lexislación aplicable.
No caso de que estas parcelas teñan produtos do monte con capacidade de aproveitamento, será preciso facer inventario dos mesmos, para a súa inclusión na xestión da Uxfor.
8. Como se van xestionar as propiedades de descoñecidos?
Seguirán o mesmo réxime das demais parcelas, de acordo co Instrumento de Xestión Forestal Especifico.
Os beneficios derivados da xestión de terreos de propiedade descoñecida incluídos na Uxfor pasarán ao peto común, co que se financiarán as accións da Uxfor na execución dos plans e no desenvolvemento dos seus obxectivos.
9. Que é unha investigación da propiedade?
É a investigación e estudo pormenorizado e documentado sobre quen son os propietarios das fincas, reunindo todos os documentos e testemuños que relacionan cada propietario coa súa propiedade.
10. Se nos coñecemos todos os propietarios e todos coincidimos en crear a Uxfor, é necesaria a investigación da propiedade?
A investigación da propiedade sempre é precisa, é imprescindible a verificación de todos os propietarios implicados e dos seus predios.
No caso de ter perfectamente identificados a todos os propietarios, a investigación da propiedade está practicamente resolta, restando recoller a documentación que acredite as propiedades.