A que se fixe nos estatutos, sempre de acordo a criterios técnicos establecidos no IXFE, dependendo dos aproveitamentos previstos.
2. Terase en conta a superficie das parcelas achegadas por cada propietario á Uxfor á hora da toma de decisións?
Si, se ben a súa cota de participación dependerá, ademais da superficie, da súa valoración. Os criterios de valoración poden ser diferentes en cada Uxfor, atendendo aos criterios que fixen os propietarios nos seus estatutos. En xeral atenderán como mínimo á superficie e á capacidade produtiva desta, pero pode atender tamén ao valor ecolóxico e ambiental (carballeiras e soutos que queiran protexer), ou a calquera outro aspecto singular propio da Uxfor en cuestión.
3. Como se toman as decisións nunha Uxfor?
Ten un funcionamento democrático, sendo o órgano supremo de decisión a asemblea xeral de propietarios.
Rexerase por un sistema de maiorías que virá recollido nos
estatutos. A regra do réxime de acordos para a entidade de xestión
é a maioría simple das cotas de participación, agás
a aprobación final da regularización de teselas, que requirirá
maioría absoluta.

Pode facer unha declaración de interese, na que a título
individual, manifesto o meu interese en incorporar as miñas parcelas
forestais a unha posible Uxfor que se cree.
No momento que se cree unha Uxfor ou amosen interese propietarios suficientes
como para chegar a creala, a administración porase en contacto con
eles e guiaraos no proceso de creación.

É o órgano supremo de expresión da vontade da Uxfor, nela reúnense todos os propietarios
6. Como repartimos os gastos e os beneficios xerados na Uxfor?
O reparto farase en función das cotas de participación que cada Uxfor fixará nos seus estatutos. Estas cotas fixaranas atendendo as particularidades propias do funcionamento de cada Uxfor, e atendendo súas necesidades concretas.
7. Podemos subcontratar a xestión da Uxfor a unha empresa?
Si. Os propietarios membros dunha Uxfor poden establecer os contratos que estimen oportunos, mantendo a máxima liberdade ao respecto.
8. Hai algún tipo de penalización ou sanción aos propietarios dentro do seo da Uxfor?
As Uxfor deben fixar un réxime disciplinario nos estatutos, que contemplará como mínimo o incumprimento do IXFE e das obrigas estatutarias.
Asemade, como calquera outro propietario forestal, están suxeitos ao réxime sancionador da Lei de Montes (Lei 43/2003 do 21 de novembro, título VII) e da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza (Lei 3/2007 do 9 de abril, título VII)