En ningún caso se fará ningunha expropiación. A creación dunha Uxfor non implica unha expropiación.
Os propietarios seguen a manter a súa propiedade.
2. Poderei vender as parcelas incluídas nunha Uxfor?
Cada membro mantén a propiedade, polo que é libre de vender, mercar, partir ou facer calquera outro negocio sobre ela respectando o previsto na lexislación ao respecto.
O novo titular adquire tamén os dereitos e obrigas que esta parcela ten dentro da Uxfor.
3. Podemos pornos de acordo para unificar cadaquén as súas parcelas noutra máis grande?
A propiedade mantense, polo que poden facer calquera permuta ou cambio, para unificar as súas parcelas, dependendo da vontade dos propietarios.
Os cambios de titularidade das parcelas deben ser notificados á entidade de xestión da Uxfor.