PREGUNTAS DE INTERESE SOBRE AS UNIDADES DE XESTIÓN FORESTAL (UXFOR)
1. Como participa a administración na creación da Uxfor? Subir

Directamente os propietarios poden decidir ter como membro da comisión promotora á administración, con voz pero sen voto.

A xunta reitora tamén contará cunha persoa representante da consellaría competente en materia forestal, que terá voz pero non voto, que será designada no acordo de aprobación definitiva do instrumento de xestión forestal.

Indirectamente por medio da asistencia e as axudas que se establezan ao respecto.

2. Como fomentará a Administración a creación das Uxfor? Subir

A Xunta de Galicia priorizará os seus recursos cara a constitución daquelas Uxfor que poidan acadar maior superficie de terreo forestal, e maior número de persoas propietarias en relación con cadansúa rede de protección na que se sitúen eses terreos.

A Xunta de Galicia tamén poderá establecer axudas para incentivar a constitución, o investimento de capital e o funcionamento corrente das Uxfor.