Aviso Legal
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, con domicilio social no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), e CIF S1511001H, ten por obxecto a través do portal www.uxfor.info informar, facilitar e axilizar as xestións relacionadas coas Unidades de Xestión Forestal.
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Xunta de Galicia, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.
O usuario non poderá acceder ao portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos ofrecidos, nin acceder a sitios, servizos, sistemas informáticos ou a redes conectadas ao portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. Queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e introducir virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.
A Consellería do Medio Rural non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ao uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situadas nesta páxina.A Consellería do Medio Rural resérvase o dereito a suspender temporalmente o acceso ao portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.
A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe á publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.
Tampouco é responsable esta Consellería de que a información subministrada polos servizos de información xeográfica de parcelas agrícolas ou semellantes coincida coa realidade, nin ten competencias para instar á rectificación, actualización ou actuacións semellantes, sendo obriga do interesado facelo perante o organismo co que exista a discordancia.
O acceso ao sitio web das UXFOR non supón que o usuario estea obrigado a facilitar información de ningún tipo. Pero no suposto de que o usuario facilite datos de carácter persoal, en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos facilitados neste sitio web a través do formulario de rexistro ou de calquera outra maneira serán tratados pola Consellería para o cumprimento dos servizos demandados e serán tratados e incorporados a un ficheiro de datos persoais, cuxa finalidade é tramitar as declaracións de interese, pre-solicitudes, solicitudes e UXFORs aprobadas ou en tramitación. O titular dos datos, responsable da súa exactitude e posta ao día, recoñece que son adecuados, pertinentes e non excesivos, e autoriza o seu tratamento para as xestións relacionadas coas UXFORs. No tratamento de datos de carácter persoal non se prevén comunicación de datos, salvo para o cumprimento das obrigas legalmente establecidas e as directamente relacionadas coa prestación do servizo demandado. No caso de que os datos non sexan subministrados directamente polo interesado, quen os facilite ha de cumprir as obrigas relativas ao deber de información nos termos anteriormente expostos e obter cantos consentimentos sexan necesarios para o tratamento por parte do responsable do ficheiro.
O titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación ante o responsable do ficheiro no enderezo Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15.781, Santiago de Compostela (A Coruña).



LaboraTe
GAC