SIUXFor - Sistema de Información das UXFOR
A Consellería do Medio Rural promove as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), unha das medidas destinadas a crear explotacións viables e sustentables con proxección de futuro, da man dun modelo beneficioso para o sector, en termos tanto económicos como ambientais, que favorece a ordenación da superficie forestal e a prevención de incendios.
Para facilitar a constitución das Unidades de Xestión Forestal, a Consellería ofrece aos propietarios, e ao resto da comunidade, esta aplicación informática - denominada SIUXFor - a través da cal poderán manifestar o seu desexo de formar parte dunha UXFOR e realizar diversos trámites relacionados coa súa creación sen necesidade de desprazarse ás dependencias da Consellería.
Declaracións de interese
Aquelas persoas propietarias que aínda non se organizaron para a creación dunha UXFOR pero que teñen ou puideran ter interese en que algunha das súas parcelas forme parte dunha futura UXFOR poden realizar unha declaración de interese. As declaracións de interese fanse para parcelas individuais e non comprometen a nada. Para facelas unicamente é preciso dar os datos da parcela e os datos de contacto dalgún dos propietarios. Desta maneira, as declaracións de interese, a medida que se vaian realizando, permitirán ir identificando aqueles lugares nos que existen propietarios con interese na creación dunha UXFOR, e así, coa axuda da Consellería, iniciar o proceso de constitución da UXFOR. Pode introducir unha declaración de interese
agora mesmo ou cando o desexe. Como verá, o procedemento de introdución non é complicado.
Pre-solicitudes
Aqueles propietarios que xa comezaron a organizarse para constituír unha UXFOR pero que aínda non elaboraron toda a documentación necesaria para a realización dunha solicitude poden realizar unha pre-solicitude. As pre-solicitudes son similares ás solicitudes pero máis sinxelas non sendo preciso entregar toda a documentación. As pre-solicitudes recibidas contarán coa orientación da Consellería para completar o resto de documentación e realizar os sucesivos pasos ata culminar coa creación da UXFOR. Se vostede actúa en nome dunha comisión de propietarios pode introducir unha pre-solicitude
agora mesmo ou cando o desexe. Non ten que introducir todas as parcelas no mesmo momento, pode iniciar a introdución en calquera instante e continuala en días sucesivos tomando todo o tempo que precise.
Solicitudes
A solicitude é o único trámite obrigatorio e para a súa presentación requírese dunha documentación máis completa que para as pre-solicitudes. Pode consultar cal é esta documentación no decreto polo que se regulan as UXFOR. Esta aplicación tamén permite a introdución de solicitudes, xa sexa directamente ou a partir de pre-solicitudes previamente aceptadas. Se existe una pre-solicitude previa, aprovéitanse os datos desta e só haberá que introducir os datos novos e os que variaron. Non obstante, as solicitudes debe ser obrigatoriamente presentadas en papel nos lugares legalmente establecidos (no rexistro central da consellería competente en materia forestal, nos das súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Dende esta aplicación, unha vez que estean introducidos todos os datos, poderanse descargar os impresos de solicitude xa cubertos, que deberán ser impresos e entregados nos citados lugares xunto co resto da documentación (proxecto de instrumento de xestión forestal específico, proxecto de estatutos da entidade de xestión, etc.).
Consulta
Ademais do anterior, calquera persoa pode consultar información sobre as declaracións de interese e UXFOR existentes na súa zona ou en proceso de creación.
Ferramentas SIX
Para todo isto, a aplicación dispón dun mapa onde se poden ver os límites das UXFOR e as parcelas situadas sobre unha fotografía de alta resolución. O mapa está incluído dentro dun visor xeográfico
mediante o cal o usuario pode desprazase por todo o territorio galego e engadir outras "capas" de información como por exemplo o trazado das vías ou ríos máis importantes.



LaboraTe
GAC